Thursday 18 de April de 2024

O Concello adquire dúas obras de Amparo Sard e o importe destinarase á construción dunha escola na India


· Esta compra xestiónase a través do proxecto Matasombras, co que a Fundación Vicente Ferrer leva construídos xa cinco centros educativos na India.

O Concello de Camariñas ven de adquirir dúas obras da artista Amparo Sard, que actualmente expón a súa colección ‘La inercia de los escombros’ no Museo Man de Camelle. O importe destas será doado á Fundación Vicente Ferrer para financiar a construción dunha escola na rexión de Anantapur, na India.

Esta compra xestiónase a través do proxecto Matatasombras, co que a Fundación, a través da arte, está a levar a cabo un proxecto de construción de escolas na India., Xa están feitas cinco e esta sería a sexta, que se prevé inaugurar no ano 2022.

Segundo explica o comisario de arte do proxecto Matasombras, Antonio Torres, as escolas “se construyen en zonas rurales donde no hai centros educativos, con el objetivo de ayudar, a través de la educación, a cambiar determinados hábitos sociales instaurados allí como puede ser el que dice que las clases bajas no pueden salir a la calle durante el día porque hasta su sombra es impura y no puede tocar a nadie”.